2/5/08

!!!!!TEATRO!!!!!!

Como calquer outro xénero literario, o teatro busca o seu espazo, ser recoñecido e aprecido, por iso a mocidade do noso entorno quere darlle o valor e prestixio que éste se merece. Así o GRUPO DE TEATRO DE TOURO, realizará un representación teatral co motivo desta festividade literaria galega.

DATA: SÁBADO 17 DE MAIO.
LUGAR: SALÓN PARROQUIAL DE TOURO
HORA: 18:00 H.
DESTINATARIOS: POBOACIÓN EN XERAL.

DESCUBRINDO A X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

DATA: MÉRCORES 14 DE MAIO
LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL X. NEIRA VILAS.
HORA: 17 H.
ACTIVIDADES: LECTURA DE DIVERSOS LIBROS, ENTRE ELES, “ROSEIRA DO TEU MENCER” DE X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. REALIZACIÓN DUN ENTRETIDO COLLAXE.
INSCRIPCIÓNS: ATA 12 DE MAIO NA BIBLIOTECA DO CONCELLO OU COLEXIO.

CONCURSO DE CARTEIS


DESTINATARIOS: nenos/as entre 3/14 anos.
ACTIVIDADE:tódolos nenos/as realizaran mediante debuxos o que entenden por Letras Galegas, que lles suxire, a quen se lle dedica este ano, en definitiva como o perciben e viven esa data.
REQUISITOS: debe ser un ou varios debuxos en formato de DNA. 4. Só se recibirá un debuxo por participante. No reverso do debuxo debe incluírse o nome e un teléfono de contacto. Terase en conta a orixinalidade e elixirase a mellor edición . A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
PREMIOS: O premiado/a recibirá un libro de literatura galega. Ademáis o debuxo formará parte dos carteis de celebración da Semana das Letras Galegas. A entrega do premio realizarase nun acto coa data, lugar e hora comunicada ao participante elixido.
DATA DE ADMISIÓN: os carteis deben entregarse no Concello ou Biblioteca ata o día 10 de Maio, sábado.

PROGRAMA CULTURAL DA SEMÁN DAS LETRAS GALEGAS


Co motivo das Letras Galegas 2008 , o Concello de Touro organiza a Semán Cultural das Letras Galegas na cal se realizaran diversas actividades relacionadas co escritor homenaxeado este ano, X.M. Álvarez Blázquez.