30/4/09

HOMENAXE A CERVANTES


O día 29 de Abril homenaxeamos a Cervantes coa lectura do capitulo "De lo que le sucedió a Don Quijote con unos cabreros". Posteriormente realizamos un periódico dedicado a curiosidades sobre este, conmemorando o día do libro celebrado o 23 de Abril, como tódolos anos.

"CONTOS LONXANOS, HISTORIAS CERCANAS"

Os días 15 e 20 de Abril celebraronse na Biblioteca uns obradoiros de Interculturalidade acerca dos diferentes costumes e entornos diferentes aos nosos.
Realizaouse a lectura do conto "O home que se transformou en sol" de orixe Guatemalteca e posteriormente realizaronse varias actividades relacionadas cos monumentos, bandeiras, comidas, vestimentas,....etc de outros países e continentes.

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


O mércores día un de Abril celebrouse anticipadamente o día do libro Infantil e Xuvenil no Concello de Touro. Dedicamoslle especial atención a Andersen, cun conto denominado " O ruiseñor". Posteriormente realizamos entre todos/as uns divertidos debuxos acerca do que lles suxeriu o conto.

POESÍA GAÑADORA CATEGORIA DE PRIMARIA

A INFANCIA

Lembro que non lembro
o día en que eu nacín.
Lembro que non lembro
a miña primeira palabra inventada.
Lembro que non lembro
o meu primeiro boneco de seda.
Lembro que non lembro o meu triciclo
que segundo a miña nai
era de cor verde, azul e vermello.
Natalia Pedreira Pena

POESIA GAÑADORA CATEGORIA DE ADULTOS

AMOR: AUGA DO MEDIODÍA
O tempo, o noso peor inimigo,
eses instantes fugaces xuntos, fieis camaradas.
Ti, rosa do deserto, e eu, tuareg perdido.
O israelita que abandonou a escravitude exipcia
E se encamiña a un mundo de liberdade.
Ti, auga do mediodía,
Oasis edénico.
Eu, dou voltas derredor túa,
e probo a auga do teu corpo,
- Ti es o maná.
Cantas máis voltas dou derredor túa,
Canto máis te amarro, te apreixo,
te miro, te desexo, te quero, te amo
Doume conta de que nin es auga do mediodía,
nin oasis edénico.
Es a miña escravitude voluntaria,
O mundo da liberdade que albisco.
Ti es o meu Canaán,
- Estou seguro de que non é un espellismo.-
Ti es,- quen máis ía ser?-,
O meu Canaán, a terra prometida.
Anxo Tato Arias