16/4/08

BIOGRAFÍA MIGUEL DE CERVANTES


Miguel de Cervantes Saavedra, novelista español, poeta e dramaturgo é considerado a máxima figura da literatura española. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Miguel de Cervantes está considerado como o precursor da novela moderna. Cultivou os xéneros narrativos vixentes na segunda metade do
século XVI, como a novela bizantina, pastoril, sentimental, picaresca e morisca. Renovou un xénero que se entendía entón á italiana, como relato breve e exento de retórica. Entre as súas obras máis coñecidas destacan:
‘‘
A Galatea’‘ (1585)
’‘
O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha’‘ (1605)
’‘
Novelas exemplares’‘ (1613)
’‘
Segunda parte do enxeñoso cabaleiro don Quixote da Mancha’‘ (1615)
’‘
Os traballos de Persiles e Sexismunda’‘ (1617)
CURIOSIDADES:
Adóitase dicir que Miguel de Cervantes e
William Shakespeare faleceron o mesmo día. Mais trátase dun dato erróneo, pois en Gran Bretaña usábase o calendario xuliano, mentres que en España xa se adoptara o calendario gregoriano.
O Primeiro Ministro
israelí, Davide Ben-Gurión, aprendeu español para poder ler Don Quixote da Mancha na súa idioma orixinal.
Non existen retratos reais de Cervantes. So existen pinturas baseadas nas descricións físicas que o propio autor escribiu.
FONTE: gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_de_Cervantes_Saavedra

No hay comentarios: