20/8/09

SESIÓNS DE CONTACONTOS NA PISCINA MUNICIPAL

  1. MÉRCORES 26 DE AGOSTO: "A REPARADORA DE LIBROS".
  2. MÉRCORES 2 DE SETEMBRO: "FIGUEIRAS, PIRATAS E OUTRAS HISTORIAS"

Ás 19:00 horas de ambos días, terán lugar na piscina municipal as seguintes actuacións gratuítas para os nenos/as entre 3 e 12 anos. En caso de mal tempo trasladaranse a Biblioteca Municipal.

Desexamos que sexa do voso agrado!!!!!!!!!!!!

5/6/09

TRES GLOBOS

O vindeiro 17 de Xuño as 12:00 horas no campo da festa de Touro , haberá unha sesión de títeres coa obra "O sapo encantado" para tódolos nenos/as do concello. Aqueles que non asistan ao colexio poden achegarse ata alí.
!!!!!!!!!!!!!DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!!!!!!!!!!

21/5/09

TITIRIMAXIA

O día 26 de Maio no campo da festa de Touro organizase unha sesión de títeres as 14:30 titulada: CAPERUCHIÑA VERMELLA E O CONTO DO LOBO.
Todos aqueles nenos/as que ainda non asistan ao colexio poden acercarse ata alí para disfrutar dun agradable espectáculo de risas e soños.

8/5/09

LETRAS GALEGAS 2009 "RAMÓN PIÑEIRO"

  • ACTUACIÓN DO GRUPO NI FU, NI FA o día 12 de Maio no Colexio CPI Fonte Díaz as 15:00 ata 16:00 horas para nenos/as de Infantil ata 3º de Educación Primaria.
  • CONTACONTOS o día 13 de Maio no Colexio CPI Fonte Díaz as 15:00 ata 16:00 horas para nenos/as de 4º,5º e 6º de Primaria.
  • OBRADOIRO "ABRAZOS MUSICAIS" o día 13 de Maio na Biblioteca Municipal X. Neira Vilas para nenos/as entre 4/12 anos de 16:10/18:00 horas.

30/4/09

HOMENAXE A CERVANTES


O día 29 de Abril homenaxeamos a Cervantes coa lectura do capitulo "De lo que le sucedió a Don Quijote con unos cabreros". Posteriormente realizamos un periódico dedicado a curiosidades sobre este, conmemorando o día do libro celebrado o 23 de Abril, como tódolos anos.

"CONTOS LONXANOS, HISTORIAS CERCANAS"

Os días 15 e 20 de Abril celebraronse na Biblioteca uns obradoiros de Interculturalidade acerca dos diferentes costumes e entornos diferentes aos nosos.
Realizaouse a lectura do conto "O home que se transformou en sol" de orixe Guatemalteca e posteriormente realizaronse varias actividades relacionadas cos monumentos, bandeiras, comidas, vestimentas,....etc de outros países e continentes.

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


O mércores día un de Abril celebrouse anticipadamente o día do libro Infantil e Xuvenil no Concello de Touro. Dedicamoslle especial atención a Andersen, cun conto denominado " O ruiseñor". Posteriormente realizamos entre todos/as uns divertidos debuxos acerca do que lles suxeriu o conto.

POESÍA GAÑADORA CATEGORIA DE PRIMARIA

A INFANCIA

Lembro que non lembro
o día en que eu nacín.
Lembro que non lembro
a miña primeira palabra inventada.
Lembro que non lembro
o meu primeiro boneco de seda.
Lembro que non lembro o meu triciclo
que segundo a miña nai
era de cor verde, azul e vermello.
Natalia Pedreira Pena

POESIA GAÑADORA CATEGORIA DE ADULTOS

AMOR: AUGA DO MEDIODÍA
O tempo, o noso peor inimigo,
eses instantes fugaces xuntos, fieis camaradas.
Ti, rosa do deserto, e eu, tuareg perdido.
O israelita que abandonou a escravitude exipcia
E se encamiña a un mundo de liberdade.
Ti, auga do mediodía,
Oasis edénico.
Eu, dou voltas derredor túa,
e probo a auga do teu corpo,
- Ti es o maná.
Cantas máis voltas dou derredor túa,
Canto máis te amarro, te apreixo,
te miro, te desexo, te quero, te amo
Doume conta de que nin es auga do mediodía,
nin oasis edénico.
Es a miña escravitude voluntaria,
O mundo da liberdade que albisco.
Ti es o meu Canaán,
- Estou seguro de que non é un espellismo.-
Ti es,- quen máis ía ser?-,
O meu Canaán, a terra prometida.
Anxo Tato Arias

6/3/09

CONCURSO POÉTICO "CONCELLO DE TOURO"

CONCELLO
DE TOURO

BASES DO CONCURSO


1.- Poderán participar os nenos/as correspondentes aos ciclos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e adultos que o desexen cun poema, único, orixinal e inédito de temática libre escrito en galego. Os autores serán responsables do contido dos poemas.
2.- Os poemas deben ter unha extensión mínima de media cara para Educación Infantil e Primaria e unha cara para Secundaria e adultos, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O poema deberá ir titulado e cun lema do autor/a.
3.- O poema presentárase por duplicado, nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autor/a do poema. Dentro deste sobre incluírase un sobre pequeno, tamén pechado que levará escrito por fóra o título do poema e o lema do autor/a. No interior figurarán os datos persoais e de contacto.
5.- Os poemas poderanse presentar ou enviar, facendo constar:
I CERTAME POÉTICO (antes do 6 de marzo 2009)
Concello de Touro
(ATT: Biblioteca Municipal X. Neira Vilas)
Fonte Díaz s/n 15822- A Coruña
6.- Establécese un único premio para cada categoría sendo este un diploma acreditativo, a publicación de dita obra na revista de primavera verán do Concello de Touro e un libro de poesía en galego adaptado a las diferentes categorías.
7.- O xurado designado polo concello de Touro, fará pública a súa decisión inapelable no mes de Marzo coincidindo ca celebración do Día da Poesía, cando se fará entrega do premio nun acto convocado a tal fin, comprometéndose a autor/a de cada categoría a asistir a tal acto.
8.- Os orixinais non premiados poderán retirarse no prazo dun mes dende o fallo do xurado na Biblioteca X. Neira Vilas. Transcorrido este prazo, os poemas que non sexan recollidos serán destruídos.
9.- O feito de participar supón por parte dos autores a aceptación destas bases.

30/12/08

CARTELEIRA MES XANEIRO "TARDES DE CONTO"

MARTES 13:
  • Barbazul (T. Alonso)
  • Rata linda de Compostela (B. Graña)
  • Cincenta (C. Perrault)

MARTES 20:

  • Ó outro lado do sombreiro (C.Cano)
  • Dez eran dez (X. Babarro)
  • Glub, o incrible peixe-bala (I. Freire)

MARTES 27:

  • O vestido de Cora (C. Blanco)
  • Oso mimoso (B. Graña)
  • Un tren cargado de misterios (A. F. Paz)