6/3/09

CONCURSO POÉTICO "CONCELLO DE TOURO"

CONCELLO
DE TOURO

BASES DO CONCURSO


1.- Poderán participar os nenos/as correspondentes aos ciclos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e adultos que o desexen cun poema, único, orixinal e inédito de temática libre escrito en galego. Os autores serán responsables do contido dos poemas.
2.- Os poemas deben ter unha extensión mínima de media cara para Educación Infantil e Primaria e unha cara para Secundaria e adultos, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O poema deberá ir titulado e cun lema do autor/a.
3.- O poema presentárase por duplicado, nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autor/a do poema. Dentro deste sobre incluírase un sobre pequeno, tamén pechado que levará escrito por fóra o título do poema e o lema do autor/a. No interior figurarán os datos persoais e de contacto.
5.- Os poemas poderanse presentar ou enviar, facendo constar:
I CERTAME POÉTICO (antes do 6 de marzo 2009)
Concello de Touro
(ATT: Biblioteca Municipal X. Neira Vilas)
Fonte Díaz s/n 15822- A Coruña
6.- Establécese un único premio para cada categoría sendo este un diploma acreditativo, a publicación de dita obra na revista de primavera verán do Concello de Touro e un libro de poesía en galego adaptado a las diferentes categorías.
7.- O xurado designado polo concello de Touro, fará pública a súa decisión inapelable no mes de Marzo coincidindo ca celebración do Día da Poesía, cando se fará entrega do premio nun acto convocado a tal fin, comprometéndose a autor/a de cada categoría a asistir a tal acto.
8.- Os orixinais non premiados poderán retirarse no prazo dun mes dende o fallo do xurado na Biblioteca X. Neira Vilas. Transcorrido este prazo, os poemas que non sexan recollidos serán destruídos.
9.- O feito de participar supón por parte dos autores a aceptación destas bases.

No hay comentarios: