Nace o 14 de xaneiro de 1989 sen ánimo de lucro e co propósito de defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil, recoller, promover, programar e executar iniciativas que tenden á promoción do libro Infantil e Xuvenil e asumir a representación galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obligacións que esto comporta.
Está integrada por diferentes sectores relacionados coa literatura infantil e xuvenil, esto é, docentes, bibliotecarios/as, escritores/as, ilustradores/as, traductores/as, centros escolares, asociacións de editores, de escritores en lingua galega e de libreiros/as. Actualmente a súa presidenta é Blanca-Ana Roig Rechou e a súa secretaria Isabel Soto López.
GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)R/ Galeras 17, 1º, local 315705 Santiago de Compostela.Teléfono/fax: +34 981 589 883e-mail: galix@oepli.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario